Saltar ao contido

Ferramenta gratuíta

Xera os teus rexistros SPF e DMARC

Escolle o teu provedor de correo e os servizos que envían no teu nome. Dámosche os dous rexistros listos para copiar no DNS do teu dominio.

SPF

Outros servizos que envían correo no teu nome

Separados por espazos. Por exemplo: include:exemplo.com 203.0.113.10

Que facer cos correos de calquera outro servidor

DMARC

Mellor un que só sirva para isto. Se o deixas baleiro, usamos dmarc@ e o teu dominio.

Política DMARC

Que xera esta ferramenta

Dous rexistros de texto (TXT) para o DNS do teu dominio:

  • SPF, no propio dominio (o nome adoita escribirse @): a lista de servidores que poden enviar correo no teu nome.
  • DMARC, en _dmarc.oteudominio.com: que facer cos correos que non pasan a comprobación e onde enviar os informes.

O terceiro, DKIM, non se pode xerar desde fóra: a clave créaa o teu provedor de correo (en Google Workspace, na sección de autenticación do correo da consola de administración; en Microsoft 365, no portal de Defender) e ti só a copias no DNS.

Como usalo

  1. Escolle o teu provedor de correo, o que aloxa a túa caixa. Se non está na lista, escolle «Outro» e escribe o seu include no campo de abaixo: atoparalo na súa páxina de axuda sobre SPF.
  2. Marca os servizos que envían correo co teu dominio: o boletín, a ferramenta de facturación, o CRM ou a tenda en liña. Se esqueces un, os seus correos fallarán o SPF.
  3. Para DMARC, comeza con p=none e un enderezo para os informes. Durante unhas semanas diranche quen envía no nome do teu dominio; cando todo o lexítimo pase, sobe a quarantine e, máis adiante, a reject.
  4. Copia os rexistros no DNS, no panel do teu provedor de dominio. Se xa tes un SPF, substitúeo: un dominio só pode ter un.

Erros que evita

Erro Que pasa Como o evitamos
Dous rexistros SPF A comprobación dá erro e é coma non ter ningún Dámosche un só con todo dentro
Máis de 10 consultas DNS O SPF falla Contamos os include e avisámoste
+all ao final Calquera servidor pode enviar no teu nome Só ofrecemos ~all ou -all
DMARC sen informes Non ves quen usa o teu dominio Engadimos rua co teu enderezo

Cando os publiques, agarda uns minutos e compróbaos co comprobador de SPF, DKIM e DMARC. A explicación completa, paso a paso, está na guía SPF, DKIM e DMARC en dez minutos.

Preguntas frecuentes

É de balde?

Si. Os rexistros xéranse aquí mesmo, a partir do que escolles: non consultamos nada nin fai falta rexistrarse.

Xa teño un rexistro SPF. Engado outro?

Non: un dominio só pode ter un rexistro SPF. Xera un novo con todo o que envía no teu nome e substitúe o que tes.

~all ou -all?

Con ~all, os correos de servidores que non están na lista márcanse como sospeitosos; con -all, rexéitanse. Comeza con ~all e pasa a -all cando esteas seguro de que non falta ningún servizo.

Cando paso de p=none a quarantine?

Cando os informes DMARC mostren que todo o correo lexítimo do teu dominio pasa SPF ou DKIM. Adoitan chegar unhas semanas de informes limpos.

Acceso anticipado

Deixa de enviar correos que ninguén contesta.

Crea a túa conta e comeza hoxe. Os 50 primeiros clientes pagan a metade, con sete días de proba sen tarxeta e sen permanencia.

Se non te convence, lévaste os teus datos.